ContaContos pola Paz

 Contaron o conto de Ramón Caride  A Pomba Dona Paz.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro de esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
Moi ben rapaces!

A nosa clase





Outros que celebraron o seu aniversario na clase.

Aniversario de Sara e Diego












A semana pasada estivo Diego de aniversario e esta semana Sara. 
Felicidades por eses 9 anos!
Algúns nenos  e nenas pedíronlle a receita das madalenas!

Agasallo para a biblioteca escolar

Hoxe Silvia sorprendeunos traendo uns libros que xa non lía para a biblioteca. Eses libros farán agora desfrutar aos  máis pequenos e pequenas do cole. 
Moitas Grazas Silvia!

Mochila Viaxeira

A mochila Viaxeira estivo durante estes días na casa de Sara. Hoxe viaxou para a casa de Elsa. Desfrutade coas lecturas!

miércoles, 18 de febrero de 2015

Tema 6: Auga. Ríos.

O relevo  galego, xunto coa abundacia de precipitacións, favorece a existencia dun elevado número de ríos, curtos, caudalosos e regulares. En Galicia temos 2 vertentes:

*  Cantábrica: moi curtos e con pendentes fortes.

*  Atlántica: son máis longos e caudalosos, pero con pendentes máis suaves.

 Ríos da vertente cantábrica: proveñen na súa maioría da Cordilleira Cantábrica, polo que son moi curtos, salvan unha gran pendente nun curto espazo ( son moi erosivos ) e son moi caudalosos.

*  Río da vertente atlántica: Na súa maioría discorren pola Meseta, son longos e cun caudal irregular ( no verán disminúen moito o seu caudal)

Ríos da vertente mediterránea: son curtos, con irregular  caudal, moi escaso nos meses do verán.

lunes, 16 de febrero de 2015

Facendo pan

Co  panadeiro Ramón elaboramos o pan na clase.Ramón trouxo todos os ingredientes e explicounos como se facía o pan. El xa traía o a masa preparada. Os nenos e nenas déronlle a forma .Saíron bolas, roscas, moletes. Pasárono en grande amasando e botando fariña por todas partes. Logo levounos ao forno da Pireta e trouxónolos quentiños e deliciosos. Moitas grazas por colaborar!

Entroido africano

Despois de desfiañar, pintar escudos e facer os colares. Montamos este disfraz de africanos e africanas. Unha pena que non puidésemos facer o correrrúas!

Xogo sobre o entroido galego.

domingo, 1 de febrero de 2015

Paz en distintas linguas do mundo.

Outra actividade foi debuxar dúas pombas e enchelas coa palabra Paz en distintas linguas. Este é o resultado!

Premios Nobeis da Paz 2014

Durante esta semana estivemos coñecendo aos premios Nobeis da Paz 2014 . Malala e e Kailash Satyarthy 

elaboraron en grupos estes murais sobre a súa vida.


Para algúns grupos non foi doado pollerse de acordo e repartirse as tarefas. Seguiremos intentándoo.

Foi moi bo o resultado!

PAZ

Paz pódese dicir en moitos idiomas: Pace, Fred, Paix, Rauhan,... Cada clase creou un cartel  coa palabra Paz en distintos idiomas e con todos eles creouse este fermoso mural. O noso é o de EEUU e nese país PAZ = PEACE. 
Que bonitos quedaron!