martes, 14 de noviembre de 2017

Vídeos explicativos. Nutrición

Con todo o material que levamos recollido durante os últimos días e co apoio dos murais que confeccionamos cada grupo de expertos, grabamos uns vídeos nos que explicamos o funcionamento de cada un dos aparellos .
Irémolos subilos ó blog da aula para poder contar con eles como material de reforzo para o estudo da materia. Ademais, adxuntamos tamén outros vídeos relacionados coa temática en L.S.E., deste xeito, todos e cada un de nós por igual, teremos acceso ós contidos traballados durante as últimas semanas.

Vídeos en L.S.E.
Aparello respiratorio                                  Aparello dixestivo

Aparello circulatorio                                  Aparello excretor

A NUTRICIÓN. Os aparellos do corpo humano

Despois dos primeiros pasos niso do traballo colaborativo nos que formamos grupos, repartimos os roles, etc. comezamos a poñer en práctica esta nova forma de traballar na aula.
Para a seguinte parte do noso traballo en grupos colaborativos, utilizamos a técnica coñecida como Puzzle de Aronson
Os primeiros grupos dividíronse en pezas, como se dun puzzle se tratase, para formar novos grupos de expertos entre os que se repartiron os diferentes aparellos que interveñen na NUTRICIÓN.

A continuación fixemos unha chuvia de ideas para saber que buscar sobre cada un dos aparellos.



Para a recabar a información máis importante de cada un dos aparellos fixemos unha busca na Internet, libros da biblioteca do colexio, etc.


Documentos para a busca de información na internet coas páxinas preseleccionadas.





Con toda a información recollida elaboramos uns murais explicativos de cada un dos aparellos cos que despois, de regreso ós nosos equipos, nos servirán como apoio para explicarlle o aparello do cal xa somos expertos ós nosos compañeiros.






APRENDIZAXE COOPERATIVA

Ó longo deste curso iniciarémonos na aprendizaxe cooperativa. 

Que é iso da aprendizaxe cooperativa?



Para comezar dividímonos en catro grupos de catro membros cada un. 
O seguinte paso foi elixir un nome e un logotipo como sinais de identidade para o noso equipo e  asinar un compromiso persoal.



A continuación, cada un de nós recibíu un rol cunhas funcións específicas a desempeñar dentro do grupo (supervisor, portavoz, secretario ou coordinador). 



O seguinte paso foi facer unha choiva de ideas sobre cales cremos que deben ser as normas de funcionamento e comportamento que debemos seguir e cales, no caso de ser preciso, as posibles sancións por incumprimento das mesmas.
Despois de chegar a un acordo, redactamos as normas e as súas correspondentes sancións nun documento de Word.



                                               


Para darlle máis visibilidade a todo canto imos facendo, habilitamos un espazo na aula no que estarán expostos de forma permanente: o listado de normas e sancións; os diferentes roles e as funcións de cada un, e os documentos de cada equipo nos que consta o nome, o logotipo e os compromisos persoais.