lunes, 16 de marzo de 2015

Relevo de Galicia.

Que imos aprender?
Ao longo deste tema traballaremos o relevo e situaremos no mapa as principais formas de relevo: serras, chairas e  depresións de Galicia.

O MACIZO GALAICO está formado por un sistema de serras e montañas de Galicia que limitan cos Montes de León (Macizo Galaico-leonés) .É precisamente nesas serras onde se achegan as máximas altitudes (Pena Trevinca 2047m).

Distinguimos 3 grandes unidades de relevo ademáis dun conxunto de Serras Litorais .


As Serras Setentrionais: forman unha barreira co Mar Cantábrico.
Serra do Xistral co Pico Cadramón
Serra da Capelada.


As Serras Centrais: atravesan de N a S separando as provincias de Pontevedra-A Coruña respecto de Lugo-Ourense.Serra do Faro co Pico do Faro(1177)
Serra da Loba

As Serras Orientais e Surorientais: separadas polo río Sil.Ao N as Serras Orientais: Serra dos Ancares, co Pico de Penarrubia(1826)
Serra do Courel.

Xogo do relevo de Galicia. Para repasar e aprender. Pincha aquí.2. Pincha aquí 1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario