Ó longo deste curso iniciarémonos na aprendizaxe cooperativa.
Que é iso da aprendizaxe cooperativa?
Para comezar dividímonos en catro grupos de catro membros cada un.
O seguinte paso foi elixir un nome e un logotipo como sinais de identidade para o noso equipo e asinar un compromiso persoal.
A continuación, cada un de nós recibíu un rol cunhas funcións específicas a desempeñar dentro do grupo (supervisor, portavoz, secretario ou coordinador).
O seguinte paso foi facer unha choiva de ideas sobre cales cremos que deben ser as normas de funcionamento e comportamento que debemos seguir e cales, no caso de ser preciso, as posibles sancións por incumprimento das mesmas.
Despois de chegar a un acordo, redactamos as normas e as súas correspondentes sancións nun documento de Word.
Para darlle máis visibilidade a todo canto imos facendo, habilitamos un espazo na aula no que estarán expostos de forma permanente: o listado de normas e sancións; os diferentes roles e as funcións de cada un, e os documentos de cada equipo nos que consta o nome, o logotipo e os compromisos persoais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario