Xogo rectas: secantes e paralelas.
Xogo de figuras xeométricas: polígonos.
Xogo de figuras xeométricas: completar polígonos.
Xogo figuras xeométricas. Partes dos polígonos.
Xogo figuras xeométricas: triángulos segundo os seus lados.
Xogo figuras xeométricas ángulos.
Repaso Anaya Deja Huella.
Varios juegos para practicas con los triángulos y cuadriláteros.
viernes, 20 de febrero de 2015
ContaContos pola Paz
Contaron o conto de Ramón Caride A Pomba Dona Paz.
Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro de esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
Moi ben rapaces!
Aniversario de Sara e Diego
Agasallo para a biblioteca escolar
miércoles, 18 de febrero de 2015
Tema 6: Auga. Ríos.
O relevo galego, xunto coa abundacia de precipitacións, favorece a existencia dun elevado número de ríos, curtos, caudalosos e regulares. En Galicia temos 2 vertentes:
* Cantábrica: moi curtos e con pendentes fortes.
* Atlántica: son máis longos e caudalosos, pero con pendentes máis suaves.
Ríos da vertente cantábrica: proveñen na súa maioría da Cordilleira Cantábrica, polo que son moi curtos, salvan unha gran pendente nun curto espazo ( son moi erosivos ) e son moi caudalosos.
* Río da vertente atlántica: Na súa maioría discorren pola Meseta, son longos e cun caudal irregular ( no verán disminúen moito o seu caudal)
* Ríos da vertente mediterránea: son curtos, con irregular caudal, moi escaso nos meses do verán.
lunes, 16 de febrero de 2015
Facendo pan
Co panadeiro Ramón elaboramos o pan na clase.Ramón trouxo todos os ingredientes e explicounos como se facía o pan. El xa traía o a masa preparada. Os nenos e nenas déronlle a forma .Saíron bolas, roscas, moletes. Pasárono en grande amasando e botando fariña por todas partes. Logo levounos ao forno da Pireta e trouxónolos quentiños e deliciosos.
Moitas grazas por colaborar!
Entroido africano
Despois de desfiañar, pintar escudos e facer os colares. Montamos este disfraz de africanos e africanas. Unha pena que non puidésemos facer o correrrúas!
Xogo sobre o entroido galego.
Xogo sobre o entroido galego.
jueves, 5 de febrero de 2015
miércoles, 4 de febrero de 2015
lunes, 2 de febrero de 2015
TEMA 6 : A AUGA
AS CATARATAS DE IGUAZÚ
Cuidando el agua con Gotín Animación sobre os cambios de estado da auga.
Cuidando el agua con Gotín Animación sobre os cambios de estado da auga.
A Auga. Máis sobre a auga
domingo, 1 de febrero de 2015
Paz en distintas linguas do mundo.
Premios Nobeis da Paz 2014
PAZ
Paz pódese dicir en moitos idiomas: Pace, Fred, Paix, Rauhan,... Cada clase creou un cartel coa palabra Paz en distintos idiomas e con todos eles creouse este fermoso mural. O noso é o de EEUU e nese país PAZ = PEACE.
Que bonitos quedaron!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)