Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de enero de 2018

POLCA POLA PAZ


Modelo de baile para facer coa canción da Polca da Paz. Moi sinxelo para poder ser xogado-bailado con todo o alumnado de primaria e incluso de infantil. O importante é a convivencia e disfrute de todo o alumnado do cole, máis ca execución dos pasos do baile. Composta polo CEIP Antonio Fernández López. LETRA DA CANCIÖN

viernes, 20 de febrero de 2015

ContaContos pola Paz

 Contaron o conto de Ramón Caride  A Pomba Dona Paz.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro de esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
Moi ben rapaces!

domingo, 1 de febrero de 2015

Paz en distintas linguas do mundo.

Outra actividade foi debuxar dúas pombas e enchelas coa palabra Paz en distintas linguas. Este é o resultado!

Premios Nobeis da Paz 2014

Durante esta semana estivemos coñecendo aos premios Nobeis da Paz 2014 . Malala e e Kailash Satyarthy 

elaboraron en grupos estes murais sobre a súa vida.


Para algúns grupos non foi doado pollerse de acordo e repartirse as tarefas. Seguiremos intentándoo.

Foi moi bo o resultado!

PAZ

Paz pódese dicir en moitos idiomas: Pace, Fred, Paix, Rauhan,... Cada clase creou un cartel  coa palabra Paz en distintos idiomas e con todos eles creouse este fermoso mural. O noso é o de EEUU e nese país PAZ = PEACE. 
Que bonitos quedaron!