Mostrando entradas con la etiqueta curso 14-15. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 14-15. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2015

Aniversario de Silvia

Este venres Silvia celebrou o seu aniversario e agasallounos cunhas madalenas.
Parabéns!

jueves, 9 de abril de 2015

Mes da poesía e visita á BPM

No mes de marzo visitamos a BPM  xunto con un cuarto. Alí fixemos varias actividades:
Coñecemos os lugares onde se pode atopar a poesía na BPM.
Estreamos o Kamishibai un teatrillo de orixe xaponés.Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”; esta forma de contar contos é moi popular en Xapón.
Cada clase contou un conto coa axuda do Kamishibai.
Logo tocou o momento de seleccionar poesías e inventar acrósticos cos nomes dos continentes.
Algunhas pequenas fotos. Todos os poemas están expostos na biblioteca municipal. 
Animarse a visitala e aqueles que todavía non teñades o carné podedes facelo. 
Hai miles de aventuras esperándote!

Aniversario de Mariana

Antes das vacacións celebrou Mariana o seu 9 aniversario.
Parabéns!

Aportación aos fondos da biblioteca.

Dériman ,trouxo uns contos que xa non empregaba, para donar á biblioteca do cole.
 Moitas grazas!
Eses libros emprenden agora outras viaxes.


Mochilas Viaxeiras






Noutras casas ás que xa viaxou a mochila pero que aínda non puxéramos as fotos.

Mochilas Viaxeiras


Durantes as vacacións estivo a mochila na casa de Irene agora emprende a viaxe para a casa de Iker. 
Desfrutade coa lectura!

Charla dos bombeiros

Durante esta semana tivemos a charla dos bombeiros informándonos e recordándonos normas para facer unha evacuación no colexio en caso dun incendio.

domingo, 1 de marzo de 2015

Flores a Rosalía



Sumámonos a proposta de realizar unha flor a Rosalía e coñecer a esta poeta e escritora.
Esta semana recitaremos algunhas das súas poesías.
Deunos algo de traballo eso de dobrar papel, pero descubriron que aparecían moitas figuras xeométricas.


As nosas flores.

viernes, 20 de febrero de 2015

ContaContos pola Paz

 Contaron o conto de Ramón Caride  A Pomba Dona Paz.

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro de esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
Moi ben rapaces!

A nosa clase





Outros que celebraron o seu aniversario na clase.

Aniversario de Sara e Diego












A semana pasada estivo Diego de aniversario e esta semana Sara. 
Felicidades por eses 9 anos!
Algúns nenos  e nenas pedíronlle a receita das madalenas!

Agasallo para a biblioteca escolar

Hoxe Silvia sorprendeunos traendo uns libros que xa non lía para a biblioteca. Eses libros farán agora desfrutar aos  máis pequenos e pequenas do cole. 
Moitas Grazas Silvia!

Mochila Viaxeira

A mochila Viaxeira estivo durante estes días na casa de Sara. Hoxe viaxou para a casa de Elsa. Desfrutade coas lecturas!

lunes, 16 de febrero de 2015

Facendo pan

Co  panadeiro Ramón elaboramos o pan na clase.Ramón trouxo todos os ingredientes e explicounos como se facía o pan. El xa traía o a masa preparada. Os nenos e nenas déronlle a forma .Saíron bolas, roscas, moletes. Pasárono en grande amasando e botando fariña por todas partes. Logo levounos ao forno da Pireta e trouxónolos quentiños e deliciosos. Moitas grazas por colaborar!

Entroido africano

Despois de desfiañar, pintar escudos e facer os colares. Montamos este disfraz de africanos e africanas. Unha pena que non puidésemos facer o correrrúas!

Xogo sobre o entroido galego.

domingo, 1 de febrero de 2015

Paz en distintas linguas do mundo.

Outra actividade foi debuxar dúas pombas e enchelas coa palabra Paz en distintas linguas. Este é o resultado!

Premios Nobeis da Paz 2014

Durante esta semana estivemos coñecendo aos premios Nobeis da Paz 2014 . Malala e e Kailash Satyarthy 

elaboraron en grupos estes murais sobre a súa vida.


Para algúns grupos non foi doado pollerse de acordo e repartirse as tarefas. Seguiremos intentándoo.

Foi moi bo o resultado!