miércoles, 18 de febrero de 2015


Tema 6: Auga. Ríos




Tema 6: Auga. Ríos.

O relevo  galego, xunto coa abundacia de precipitacións, favorece a existencia dun elevado número de ríos, curtos, caudalosos e regulares. En Galicia temos 2 vertentes:

*  Cantábrica: moi curtos e con pendentes fortes.

*  Atlántica: son máis longos e caudalosos, pero con pendentes máis suaves.

 Ríos da vertente cantábrica: proveñen na súa maioría da Cordilleira Cantábrica, polo que son moi curtos, salvan unha gran pendente nun curto espazo ( son moi erosivos ) e son moi caudalosos.

*  Río da vertente atlántica: Na súa maioría discorren pola Meseta, son longos e cun caudal irregular ( no verán disminúen moito o seu caudal)

* Ríos da vertente mediterránea: son curtos, con irregular  caudal, moi escaso nos meses do verán.

lunes, 16 de febrero de 2015

Facendo pan

Co  panadeiro Ramón elaboramos o pan na clase.Ramón trouxo todos os ingredientes e explicounos como se facía o pan. El xa traía o a masa preparada. Os nenos e nenas déronlle a forma .Saíron bolas, roscas, moletes. Pasárono en grande amasando e botando fariña por todas partes. Logo levounos ao forno da Pireta e trouxónolos quentiños e deliciosos. Moitas grazas por colaborar!

Entroido africano

Despois de desfiañar, pintar escudos e facer os colares. Montamos este disfraz de africanos e africanas. Unha pena que non puidésemos facer o correrrúas!

Xogo sobre o entroido galego.